martes, 12 de abril de 2016

Unha visión diferente de "Don Quijote"

O pasado xoves, os alumnos de 5º e 6º tivemos a sorte de poder asistir a unha nova forma de ver "Don Quijote de la Mancha"; sen libros nin textos...simplemente co corpo e o oído. Fomos ver unha representación de ballet da obra de Cervantes, acompañada na música pola Orquestra Sinfónica de Galicia.

Despois da representación incluso tivemos a sorte de falar cun dos bailaríns, que nos contou todo o que tiveran que esforzarse para que lles saíse así de ben. Dende aquí dámoslle as grazas!!

Foi unha nova forma de ver o teatro, e a verdade é que nos gustou moito e o pasamos xenial (e tamén coñecimos algo máis deste personaxe da Mancha...). Noraboa a músicos e bailaríns!!!