viernes, 18 de marzo de 2016

MOBILIZACIÓN ORTOGRÁFICA

Esta semana, os alumnos de 5º de primaria rematamos de "mobilizar" o corredor da segunda planta.
O que fixemos foi colgar do teito uns móbiles ortográficos para que todo o que teña dúbidas sobre algunha palabra poida ir aí e miralo, sen necesidade de Internet (a rede pode fallar, pero os móbiles non). 
Para iso fixemos unha larga investigación pensando en palabras que nos custaba escribir, para logo atopar a norma ortográfica que facía que as palabras se escribiran así.
Despois fixemos unhas preciosas tarxetas en folios de cores con debuxos para facelas máis divertidas, e, por suposto, as plastificamos para que non rompan e poidan estar aí moito tempo para quen o precise.

Agardamos que vos gusten!Visitádeos cando queirades...ou cando necesitedes!