lunes, 2 de febrero de 2015

Primeira saída do ano!

O pasado martes, os alumnos de terceiro ciclo de primaria fixemos a nosa primeira saída do ano.

Nesta ocasión visitamos primeiro a fábrica de Coca-cola Iberian partners en A Coruña, na que nos ensinaron as propiedades dese refresco así como todo o que facían alí. Explicáronnos que alí adicábanse a embotellar todas as bebidas que fabrica a súa marca, pero dixéronnos que a coca-cola non se facía alí. Algún preguntou polo famoso ingrediente secreto...pero desta volta non houbo sorte e quedamos sen sabelo!



Despois de ver esa fábrica embotelladora, fomos á fundación Barrié a visitar unha exposición adicada a Victor Said Armesto. Era un home que non coñeciamos moito, así que estivemos moi atentos ás explicacións e aos xogos que nos propñían os nosos guías Luis e Olga, que se portaron xenial connoso, Así que desde aquí dicirlles que moitísimas grazas pola súa atención!!!

Con eles fixemos un xogo de investigación no que coñecimos un pouco máis deste autor, xornalista, músico...e moitas cousas máis. Contáronnos un conto dos que el recopilou, e despois, para rematar a visita...fixemos un taller no que o tivemos que transformar en banda deseñada!! Aquí vos deixamos unhas fotos de esta visita.








A verdade é que nos gustou moito coñecer a este home, que nos pareceu moito máis importante para a cultura tradicional galega do que pensabamos.