martes, 2 de diciembre de 2014

Soñemos!

Os alumnos de 5º de primaria rematamos un pequeno proxecto na clase de lingua galega que se titulaba "Soñemos!", no que tentamos mellorar a nosa creatividade. Para iso partimos do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro, e fixemos una destreza de pensamento para xerar ideas creativas.


Logo eleximos a idea que máis nos gustaba para levar a cabo e cada grupo fixo un traballo totalmente diferente, unha fotonovela (que non podemos ver aquí), un robot defensor da lingua, unha maqueta, un conto imaxinario sobre a vida da autora, unha coreografía...e unha tarta, que por certo, estaba boísima!


Por suposto, todo isto fixémolo tentando transmitir as sensacións que a nós nos transmitía o poema, respectando sempre a esta gran autora da nosa lingua. Esperamos que vos guste!