miércoles, 11 de marzo de 2015

Eleccións á vista!

Comeza a carreira electoral en quinto de primaria! Dentro da nosa unidade de Ciencias Sociais sobre as institucións políticas e as leis que temos que cumprir todos como cidadáns, estes días estamos a traballar cáles son as funcións dun bó político. E imos levalo a cabo!

Agora todos somos políticos, e o noso mestre díxonos que se ían celebrar eleccións para o ilustrísimo parlamento de quinto, e que o primeiro paso era constituír os nosos partidos políticos. Así que estes días temos que xuntarnos, reunirnos, e ver en qué lista nos metemos. Temos que facer só tres listas, así que quédanos moito por debatir antes de pechalas!














Non perdades ollo estes días do noso blogue, xa que pronto sairán colgadas as listas definitivas para poder comezar a campaña!!